segunda-feira, 15 de outubro de 2012


Por Fiz Salgueiro
ASÍ SON EU…

Ola, chámome Fiz e vouvos contar cómo son…
Son un rapaz de 10 anos, teño o cabelo e os ollos marróns coma as castañas, teño os beizos coma as rosas dos prados , son delgado igual que un fideo  e mido case un metro e medio, . Xogo de defensa nun equipo de fútbol, por iso o ano pasado soamente marquei un gol, pero non deixo que pase ningún balón ata a miña portería.
Gústame moito correr e din que son rápido coma un raio.

quarta-feira, 10 de outubro de 2012



O que fixemos no laboratorio
 Por Daniel Bulgarelli
A nosa clase foi ao laboratorio de Cencias .
Fumos ver a célula dunha cebola.
Dividímos a clase en dúas quendas de once  persoas , cada quenda foi nunha hora distinta. Agrupámonos de dous en dous para preparar a actividade :cortamos unha cebola, sacámoslle a pele; colocámola nun cristal e botámoslle colorante e deixámolo secar.Cubrímola cun cristraliño máis pequeno e fino.Cada grupo colocou o cristal nun microscopio. Vimos a célula dunha cebola e o seu núcleo.
Tamén habia un limón e un xamón que se descompoñian e vimos os fungos que parecían un bosque de peliños.   

segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Setembro, de volta a clase
Redacción colectiva

Setembro un mes cheo de cambeos. Remata o verán e comeza o outono.Rematan   as vacación e deixamos atrás os días de  praia para comezar  de novo as clases.
Volvemos ao colexio cun novo curso por diante, e nesta ocasión coincide tamén co inicio dun novo ciclo, o terceiro. Algunh@s de nós, a  soa idea de pensar  na volta ao cole, facíanos  tremer de inquedanza polas novidades coas que nos íamos atopar: nova aula, novas e novos  profesores e  compañeir@s.

O mes de septembro é un mes donde se mestura a diversión e o traballo. Por un lado temos que  volver madrugar, estudar , facer os deberes… pero por outro tamén nos divertimos coas primeiras chuvias saltando nos pochancas; xogando nos recreos a vellos e novos xogos, aprendendo novas cancións, facendo prácticas no laboratorio…, (é divertido facer prácticas no laboratorio).

É tempo de colleita, da vendima, de recoller o millo.Comeza a temporada dos froitos de outono,sobre todo dos secos, das castañas, das  avelás e das noces. Algunhas árbores van perdendo as follas, e a paisaxe comenza a encherse de cores cálidas…

En setembro  xa se nota  como os días van minguando e as noites van medrando. Xa  se sinte  o frío das mañás e da noitiña, polo que hai que sacar do armario as primeiras prendas de abrigo, as botas, os paraugas e bufandas; pero polo día é moi  agradable xogar no parque e  deixarse acariñar polos primeiros raios de sol do outono.