Howard Gardner, psicólogo norteamericano e profesor universitario na Universidade de Harvard, define a intelixencia como “capacidade de resolver problemas ou elaborar productos que sexan valiosos en unha ou máis culturas” e cre que todos os seres humanos están capacitados para desenvolver ampliamente a sua intelixencia. Por iso, todos os seres humanos posuen os oito tipos distintos de intelixencia con maior predominio dunhas delas:
Intelixencia lingüística → a que teñen os escritores, os poetas, os bos redactores. Utiliza ambos dous hemisferios do cerebro.
Intelixencia lóxico-matemática → a que se utiliza para resolver problemas de lóxica e matemáticas. É a intelixencia que teñen os científicos. Correspóndese co modo de pensamento do hemisferio lóxico, e que a cultura occidental considerou sempre como a única intelixencia, iso explica a importancia histórica que se lle deu nos centros académicos.
Intelixencia espacial → a que consiste en formar un modelo mental do mundo en tres dimensións; é a intelixencia que teñen os mariñeiros, os inxeñeiros, os ciruxáns os escultores, os arquitectos, pintores ou os decoradores.
Intelixencia musical → a que permite desenvolverse adecuadamente a cantantes, compositores, músicos e bailaríns.
Intelixencia corporal-cinestésica → É a capacidade de utilizar o propio corpo para realizar actividades ou resolver problemas. É a intelixencia dos deportistas, dos artesáns, os ciruxanos e os bailarins.
Intelixencia intrapersonal → a que permite entenderse a si mesm@. Non está asociada a ningunha actividade concreta; pero é propia d@s que consiguen ter unha idea clara da súa persona, das súas virtudes e defectos, e dos potenciais que posúe para acadar os obxectivos ou metas que se marca.
Intelixencia interpersonal → a que permite entender aos demais.É propia das persoas que son capaces de entender aos seus semellantes. Adoita atoparse nos bos vendedores, políticos, profesores ou terapeutas.
Intelixencia naturalista → a que se utiliza cando se observa e estudia a natureza, co motivo de saber organizar, clasificar e ordenar. É a que amosan os biólogos, botánicos, etmólogos herbolarios...
Cal cres ti que é a intelixencia que tes máis desenvolvida?