quarta-feira, 19 de março de 2014

Visitounos a escritora An Alfaya


Esta semana visitounos a escritora viguesa       An Alfaya 
Contounos que inicialmente pensaba ser mestra para cambear o mundo, por iso rematou os estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo. Máis tarde estudou  Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid.  Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo. Actualmente comparte a sua profisión de detective coa de escritora de literatura infantil e xuvenil e leva publicado varios libros  entre os que se atopan :

  • Desventura (2003Positivas). Matei un home (2005, 3C3). Areaquente (2009Sotelo Blanco).Vía secundaria (2011, Xerais). O maquinista Antón (1993, Bruño). O caderno azul (1996, Xerais).
  • ¡Sireno, Sireno! (1997, Xerais). Bua, bua, requetebuá (1999)....O aroma do liquidámbar (2012, Xerais). Ou o  fío vermello (2014, Xerais).entre outras

sábado, 1 de março de 2014

Chegou o entroido!!!

CHEGOU O ENTROIDO!!!!!!!!

                                   
Este ano subiu un barco polo río Tea cunha tripulación ben curiosa: @s piratas do Bouza Brey!!!

Un ano máis chegou o entroido ao Colexio Fermín Bouza Brey. Coma todos os anos, durante toda a semana obedecemos as ordes do MECO e cada día viñabamos disfrazad@s con algo novo

Coméntannos que veñen con moitas ganas de dicirlle catro cousiñas ao MECO moi doadas de ver.
A ese ministro en Madrid!! ( Hai que Wert, hai que Wert!)
un recado lle imos dar:
Queremos  que o ensino sexa
laico, público e universal
"Estamos moi cabread@s porque levamos reclamando un arranxo dende hai moito tempo para este centro e por riba, segue a ser o único colexio da vila sen patio cuberto e cando chove, mollámonos coma pitos nos recreos ou non se poden facer actividades ao aire libre, cando non cabemos no ximnasio..."-Declaraban fontes achegadas a tripulación.

Quedaron moi chafad@s porque se suspendeu o desfile e non puderon cantar as coplas que lle tiñan preparadas para o  MECO. Malia isto,vimos que non deixaban de brincar e bailar no patio ao ritmo da música.